Dirección: Benny Safdie, Josh Safdie
Estados Unidos, Francia / 2009 / Longametraxe / Ficción / Inglés
Ficha artística
Ronald Bronstein, Ted Barron, Jake Braff, Larry Chamberlain, Wayne Chin, Abel Ferrara, Dakota Goldhor, Eleonore Hendricks.
Ficha técnica
Guión: Ben Safdie, Joshua Safdie.
Fotografía: Brett Jutkiewicz, Joshua Safdie.
Música: David Sandholm, The Beets.
Produción: Neistat Scott, Associates / Neistat / Scott and Associates / Red Bucket Films / Sophie Dulac Productions.
Sinopse
Lenny ten 34 anos, é proyeccionista nun cinema e ten a custodia dos seus dous fillos unicamente dúas semanas ao ano. A pesar de ser un pai moi divertido para un neno, constitúe un manual vivo de todo o que un proxenitor nunca debería facer. Go get some Rosemary ségueo durante esas dúas semanas, nas que incorre nunha longa serie de irresponsabilidades en absoluto malintencionadas, pero que terminan sendo desconcertantes mesmo para un par de nenos aos que lles encanta o xogo e o caos. Pero dúas semanas son moi pouco tempo, e entre pesadelos que inclúen mosquitos xigantes, tomará unha perigosa decisión.
Premios
- Premio John Cassavetes nos Premios Independent Spirit 2010.