CINEUROPA
CINEUROPA MIÚDA
GIOIA MIA / SWEETHEART (2025)
Margherita Spampinato
Italia / 90 min / Italiano / Para todos os públicos
Ficha artística:
Aurora Quattrocchi, Marco Fiore, Camille Dugay, Martina Ziami
Ficha técnica:
Guión: Margherita Spampinato
Fotografía: Claudio Cofrancesco
Edición: Margherita Spampinato
Produción: Benedetta Scagnelli e Alessio Pasqua
Sinopse:
Nico, un neno vivaz e respondón, criado nunha familia laica e nun mundo hiperconectado, vese obrigado a pasar o verán en Sicilia coa súa tía avoa, unha muller moi relixiosa e de carácter difícil que vive soa nun antigo palacio alleo á tecnoloxía, entre lendas e supersticións. O choque entre dous mundos tan distintos dá lugar a unha convivencia conflitiva, pero tamén a un vínculo inesperado que lles permitirá descubrir canto teñen que aprender un do outro.
Margherita Spampinato desenvolveu unha ampla traxectoria no cinema como secretaria de rodaxe e responsable de casting antes de debutar na dirección coas curtametraxes Tommasina (2009) e Segreti (2012). Gioia mia é a súa primeira longametraxe.
MELLOR INTERPRETACIÓN (AURORA QUATTROCCHI) E PREMIO ESPECIAL DO XURADO CINÉ+ NA SECCIÓN CINEASTAS DO PRESENTE DO FESTIVAL DE LOCARNO 2025
MELLOR ACTRIZ (AURORA QUATTROCCHI) E MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NOS PREMIO DAVID DI DONATELLO 2026