CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
GIGI LA LEGGE / GIGI A LEI (2022)
Alessandro Comodin
Italia, Francia, Bélxica / 102 min / Documental / Italiano
Ficha artística:
Pier Luigi Mecchia, Ester Vergolini, Annalisa Ferrari, Tomaso Cecotto, Massimo Piazza
Ficha técnica:
Guión: Alessandro Comodin
Fotografía: Tristan Bordmann
Edición: João Nicolau
Produción: Okta Film Srl, Idéale Audience, Michigan Films
Sinopse:
Gigi (o tío do propio director) é un policía de tráfico nunha poboación do norte de Italia onde nunca acontece nada extraordinario. Mais un día unha rapaza decide quitar a vida botándose debaixo dun tren. Esta non é a primeira vez. Ante unha inexplicable vaga de suicidios, Gigi comeza a investigar un mundo estraño, entre a realidade e a fantasía, onde un xardín se converte nunha xungla na que sobrevivir.
Alessandro Comodin (San Vito al Tagliamento, Italia). Director, guionista, director de fotografía, editor e script, estudou cinema en Bruxelas. Vive en París, pero gústalle filmar na súa rexión de orixe, Friuli Venezia Giulia, no nordés de Italia, no campo e no bosque. Aquí é onde está máis cómodo desenvolvendo o seu traballo. Fixo tres películas (L'estate di Giacomo, I tempi felici verranno presto e Il giardino di Olga) para o cinema e nunca soubo dicir se son ficcións ou documentais.
Premio especial do xurado no Festival de Locarno 2022