SECCIÓN FANTASTIQUE COMPOSTELA
(Este filme tamén se poderá ver no Maratón de Cineuropa o venres 23 de novembro)
Dirección: Pascal Laugier
Francia,Canadá / 2018 / Longametraxe / Ficción / Inglés,Francés
Ficha artística
Crystal Reed, Anastasia Phillips, Emilia Jones.
Ficha técnica
Guión: Pascal Laugier.
Fotografía: Danny Nowak.
Produción: 5656 Films / Logical Pictures / Mars Films.
Sinopse
Pauline e as súas dúas fillas adolescentes, Beth e Vera, herdan unha casa. A primeira noite no seu novo fogar sofren o brutal ataque dun grupo de intrusos. Pauline e as mozas deberán loitar para salvar as súas vidas. 16 anos despois, Beth é unha novelista de éxito, mentres que a súa irmá Vera, vítima de desequilibrios mentais, vive aínda naquela casa coa súa nai. Cando as tres volven reunirse alí, da comezo unha onda de acontecementos terroríficos.