GHOST BEAST NO TERRAZEANDO

DATOS BÁSICOS

O art pop dos vigueses Ghost Beast chega a 'TerraZeando. Ciclo de Concertos ao Fresco' organizado por Desconcerto Cultural.

Electrónica e art-pop, nas súas versións máis solemnes e profundas;  sintetizadores que gañan en protagonismo ás guitarras, ritmos programados que se mesturan con baterías de son contemporáneo...cancións amplas, minimalistas, evocadoras e  envolventes que acadan toda a súa dimensión nun directo de son tan espectacular como coidado e onde estas pezas perden contención gañando en matices e complexidade.

Enlaces: Cartaz | Imaxe | Vídeo | Bandcamp

Entradas: 

Entrada libre ata completar a capacidade do espazo.

Funcións: 
Mércores, 17 Xullo, 2019
21:00
Hotel Costa Vella