BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO
Recomendado para infantil, 1º e 2º primaria
Trátase dunha comedia musical na que se revisa o conto tradicional O gato con botas. Recuperando a figura orixinal da gata, o Herdeiro recibe do seu finado pai un circo en bancarrota. As artistas e músicas do mesmo abandónano e Don Casio reclama as súas débedas. Máis a mínima, máxica por calzaren uns zocos, converterá ó herdeiro no Marqués de Carabás...e así, enfeitizadas, as músicas e artistas regresan e a débeda será anulada! MIAU.
Nace así A gata con zocos, pequeno musical tinguido de humor, música e reivindicación da figura feminina.