GARABATO DE XOGOS

DATOS BÁSICOS

EN FAMILIA · A TROPA NA CASA · XOGAMOS!

Idade recomendada: de 1 a 12 anos
Duración: 2h 
Lingua: galego

GARABATO DE XOGOS

Ábrese un espazo ao xogo e a imaxinación cun regueiro de trebellos para pór a proba e aguilloar a habilidade, a destreza, a coordinación e o enxeño da rapazada. Todos eles construídos grazas á reciclaxe de trastes que alguén considerou vellos pero que, no fondo, tiñan aínda moitas cousas que achegar. Case tantas como teñen as xogadoras e xogadores participantes que, de seguro inventarán novos xeitos de brincar nos que ninguén pensara.  

Duración: 
2 h
Acceso: 

Acceso libre até completar capacidade

Info práctica: 
Domingo, 2 Novembro, 2025
11:00 a 13:00
Casa das Máquinas