GALICREQUES 2021

DATOS BÁSICOS

Do 9 ao 17 de outubro de 2021 celébrase en Santiago de Compostela a XXVI edición do Festival Internacional Galicreques, organizada pola Asociación Cultural Barriga Verde coa colaboración de diversas institucións entre elas o Concello de Santiago.

O Teatro Principal, os Centros Socioculturais e numerosos espazos máis da cidade, encheránse de títeres ao longo destes nove días.

Podes descargar a programación completa aquí: PROGRAMACIÓN COMPLETA.

E para máis información, na súa páxina web: galicreques.gal

Entradas: 

Consulta no seguinte enlace toda a información de prezos e formas de acceso: ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 9 Outubro, 2021 a Domingo, 17 Outubro, 2021
Varios lugares