GALA ENTREGA DE PREMIOS YOUTUBEIR@S

DATOS BÁSICOS

No transcurso da gala dos Premios Youtubeir@s faranse públicos as/os gañadoras/es desta edición. Preparate par rir a esgalla con Isaura, das Fillas Bravas, mover o esqueleto con Manu TF e ver en acción a grafiteira Iria Fafián. E si, tamén haberá moitas sorpresas!

Achégate para lucirte no posadoiro coas túas lentes youtubeiras e toda a túa elegancia natural.

Conéctate á comunidade e multiplica!

Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

PARA MÁIS INFORMACIÓN CLIKA EN: Youtubeir@s

Duración: 
90 min
Entradas: 

Entrada de balde previa retirada de convite

Máximo de 3 convites por persoa

___

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e a partir desa hora só se venden entradas para o espectáculo do día. Teléfono: 981 542 349

 

Funcións: 
Venres, 29 Novembro, 2019
20:00
Teatro Principal