GALA aRi[t]mar

DATOS BÁSICOS

O vigués Xisco Feijoo e a setubalense A garota não serán os responsables de encher de música a nova edición da gala aRi[t]mar, que se celebrará o vindeiro 15 de decembro no Teatro Principal de Compostela. Amais de ambalasdúas artistas, Lúa Mosquetera e Wilma Vieira porán a nota poética nunha gala conducida por dúas caras coñecidas do mundo do espectáculo: Isabel Risco e Fran Rei.

Nesta séptima edición da gala, Feijoo, Vieira e Mosquetera recollerán os seus premios por teren producido o mellor da música e a poesía na Galiza e Portugal durante o pasado ano, feito que tamén acadou a fadista, de recoñecida fama internacional, Ana Moura. O proxecto Ponte... nas Ondas! recibirá pola súa banda o Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona, polo seu traballo constante en prol do achegamento entre as culturas de ambalasdúas beiras do río Miño.

aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

O certame consta de catro categorías:

  • Mellor tema musical galego
  • Mellor tema musical portugués
  • Mellor poema galego
  • Mellor poema portugués

A escolla foi feita polo público xeral, galego e portugués, entre 10 cancións e poemas finalistas seleccionadas polo xurado do certame.

Toda a información dos premiados e premiadas podes consultala nos PDF que podes descargar a continuación.

Entradas: 

ENTRADAS DISPOÑIBLES A PARTIR DO MARTES 13 ÁS 11.00 H

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 15 Decembro, 2022
20:30
Teatro Principal