'FUEGO SALVAJE' CON PIENSA EN WILBUR

DATOS BÁSICOS

10 €* | Todos os públicos | 55 min | Castelán

Espectáculo para todos os públicos que combina maxistralmente o humor coa performance acrobática. Algunha vez preguntácheste quen es? Esta peza é unha invitación a mirarnos no espello do patético. A aceptar que non somos nin tan guapos, nin tan fracos , nin tan gordos, nin tan intelixentes, nin tan normais.

Wilbur ábrenos o seu corazón para presentarnos unha historia real e arrebatadora. Unha viaxe iniciática sobre a reconquista do ser e do propio corpo.

Dentro de CIRCO A ESCENA do INAEM do Ministerio de Cultura.

 

Duración: 
55 min
Entradas: 

10 €, cos descontos habituais (*)

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • (*) Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 26 Novembro, 2022
20:30
Teatro Principal