FRANSY, DAVIDE E CIBRÁN + FILLAS BRAVAS

DATOS BÁSICOS

COMPOSTELA DIVERSA 2021

Fransy, Davide e Cibrán é un grupo de música tradicional galega que une a tradición á vangarda musical. Fransy González (percusión e voz), Davide Salvado (percusión e voz) e Cibrán Seixo (violín procesado e Moog) son tres músicos de ampla traxectoria no panorama musical galego e internacional.

Da unión destas tres carreiras artísticas individuais xorde esta nova proposta musical e escénica baseada nun repertorio musical de raíz; mantendo un pé na terra e no celme das informantes, e outro no presente.

Fransy e Davide son transmisores da música tradicional galega, e, xunto á sonoridade contemporánea de Cibrán Seixo, aportan unha nova atmosfera á música tradicional, un espazo para melodías intensas e a escoita profunda

RRSS

https://www.facebook.com/fransydavidecibran/

https://www.instagram.com/fransydavidecibran/

 

AS FILLAS BRAVAS

Dosinda de Cachán e Benedita de Cachán son curmáns, son madriña e afillada, son dúas das xa tan coñecidas Fillas Bravas de Chévere. Mulleres que tocan e cantan o que lles pete, como antes fixeron as súas nais e as nais das súas nais, porque son fillas do vento, mulleres de andar a pé de toxo, orgullosas de vir de tras da silveira.

Quen mellor ca elas para conducir a Gala do Orgullo de Compostela Diversa?

Duración: 
90 min
Acceso: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: VENRES 25 DE XUÑO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Info práctica: 
Domingo, 27 Xuño, 2021
20:00
Teatro Principal