FLOU PAPAGAYO

DATOS BÁSICOS

CIRCO

Cía. Mumusic Circus

Idade recomendada:  Para todos os públicos

 

Flou Papagayo é unha oda á alma e á multicor. Unha potente e inevitable necesidade de escavar e redescubrir todas as caras e matices deste papagaio interior que se conmove nos nosos corpos, ouleando por expresarse incondicionalmente e que, sen lei nin código, sustenta o noso percorrido vital e escénico. O papagaio é símbolo da máis relocente loucura que habita o noso espírito creativo. O flou é o acto trascendental que axita e fai latexar o papagaio universal. Así, Flou Papagaio é unha ousadía espontánea e irremediable.

Tres caracteres sensibles e caóticos peregrinan circularmente nunha pista de circo eterna e universal. As emocións e o frenesí por compartir son o impulso desta curiosa viaxe na que cada un deles consigue convencer ao outro do que nin el mesmo sabe. Porque Flou Papagaio non se pode saber, só se sinte.

“E non te enganes: se eres quen de trazalo mediante liñas rectas, non son sentimentos”.
 

Duración: 
50 min
Información da billeteira: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite.

Máximo 2 convites por persoa.

Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio. 

____

Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal

Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.

De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.

En caso de choiva, os eventos ao aire libre serán cancelados.

Funcións: 
Xoves, 13 Agosto, 2020
20:00
Praza da Quintana
MULTIMEDIA

Flou Papagayo Mumusic Circus

UBICACIÓN