CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
FJORD (2026)
Cristian Mungiu
Romanía, Francia, Noruega, Suecia, Dinamarca / 146 min / Inglés, romanés, noruegués
Ficha artística:
Sebastian Stan, Renate Reinsve, Lisa Carlehed, Ellen Dorrit Petersen, Lisa Loven Kongsli, Henrikke Lund-Olsen, Vanessa Ceban
Ficha técnica:
Guión: Cristian Mungiu
Fotografía: Tudor Vladimir Panduru
Edición: Mircea Olteanu
Produción: Kristina Börjeson, Pascal Caucheteux, Adela Vrinceanu Celebidachi, Dyveke Bjørkly Graver, Emilia Haukka, Mikkel Jersin, Vincent Maraval, Cristian Mungiu, Andrea Berentsen Ottmar, Marco Perego, Katrin Pors, Jussi Rantamäki, Grégoire Sorlat, Mimmi Spång e Sean Wheelan
Sinopse:
Os Gheorghiu, unha parella romanesa-norueguesa profundamente relixiosa, instálanse nunha remota aldea dun fiorde e establecen unha estreita relación cos seus veciños, os Halberg. Os fillos de ambas as familias fanse amigos, pero a aparición de mazaduras no corpo da adolescente Elia Gheorghiu leva a comunidade a cuestionar a educación tradicional que recibe dos seus pais.
Cristian Mungiu é un director, guionista e produtor cinematográfico romanés. Debutou na longametraxe con Occident (2002) e consagrouse internacionalmente con 4 meses, 3 semanas e 2 días (2007), gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes. Outras obras salientables son Máis alá dos outeiros (2012), Graduación (2016) e R.M.N. (2022).
PALMA DE OURO E PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL DE CANNES 2026