CINEUROPA
DOCS CINEUROPA
FIUME O MORTE! (2025)
Igor Bezinović
Croacia, Italia, Eslovenia / 112 min / Croata, italiano, fiumano
Participan:
Izet Medošević, Ćenan Beljulji, Albano Vučetić, Tihomir Buterin, Andrea Marsanich, Massimo Ronzani e Milovan Večerina Cico
Ficha técnica:
Guión: Igor Bezinović
Fotografía: Gregor Božič
Edición: Hrvoslava Brkušić
Produción: Vanja Jambrović e Tibor Keser
Sinopse:
En 1919, uns trescentos soldados liderados polo poeta italiano Gabriele D’Annunzio, afervoado partidario da guerra, entraron na cidade portuaria de Fiume —hoxe Rijeka, en Croacia— coa intención de anexionala a Italia. Durante os dezaseis meses seguintes, nun dos episodios de ocupación militar máis insólitos da historia, o equipo oficial de fotografía de D’Annunzio captou máis de 10.000 imaxes. Un século despois, o cineasta Igor Bezinović, natural de Rijeka, reúne uns trescentos habitantes da cidade para reconstruír aqueles feitos e explorar as súas implicacións actuais. Entre a historia e a lenda, esta experiencia colectiva cuestiona os relatos nacionalistas e os mecanismos de manipulación e propaganda política.
Igor Bezinović é un cineasta croata. Entre os seus filmes destacan The blockade (2012), premiado co galardón Oktavijan ao mellor documental croata; e A brief excursion (2017), gañadora da Gran Area de Ouro á mellor longametraxe croata. A súa obra presentouse en festivais internacionais como Rotterdam, DOK Leipzig, Ji.hlava e CPH:DOX, entre outros.
PREMIO TIGRE E PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL DE ROTTERDAM 2025
MELLOR DOCUMENTAL EUROPEO NOS PREMIOS DO CINEMA EUROPEO 2026