LA VERONAL
Idade recomendada: >12 anos
Duración: 75 min
Lingua: Inglés (sobretitulado)
No vasto universo da existencia humana desprégase un espectro infinito de posibilidades, poboado de escenarios imaxinados e narrativas que representan unha exploración profunda da nosa identidade e a conexión co mundo que nos rodea.
FIRMAMENTO é unha reflexión ou un reflexo sobre o imaxinario que nos define, unha mirada á etapa vital na que construímos os nosos soños, na que escollemos abrir unhas portas que nos levaron até o presente, tanto individual como colectivamente.
Preséntase como unha invitación para todos os públicos a mirar cara atrás non soamente con nostalxia senón cunha comprensión máis ampla do noso traxecto vital. Nunha sociedade que demanda pragmatismo e velocidade, FIRMAMENTO proponse como un espazo onde deternos a observar e reconectar coas nosas preguntas máis esenciais.
No formal, é o reflexo dun soño recorrente, onde non se distinguen os límites da percepción, onde o real e o imaxinado converxen nun inquietante novo mundo, creando unha incrible tensión entre os distintos elementos que a compoñen.
Os personaxes que habitan FIRMAMENTO móvense nun labirinto de percepcións e realidades cambiantes. Nun espazo que muta, repleto de detalles, gateiras e artificios; un vivo reflexo da mente humana en ebulición, chea de posibilidades, contradicións e misterios.
Firmamento é unha produción de La Veronal en coprodución con:
Grec 2023 Festival de Barcelona, Institut de Cultura Ajuntament de Barcelona, Oriente Occidente Dance Festival, Centro de Cultura Contemporánea Condeduque, Mercat de les Flors, Temporada Alta – Festival internacional de Catalunya, Girona/Salt, Les Théâtres de la Ville de Luxembourg, Chaillot Théâtre National de la Danse, Festival Equilibrio - Fondazione Musica per Roma, Hessisches Staatsballett in the frame of Tanzplattform Rhein- Main, Triennale Milano
Coa colaboración de Graner – Fàbriques deCreació e Teatre L’Artesà
Co apoio do INAEM–Ministerio de Cultura de España e ICEC–Departament de Cultura da Generalitat de Catalunya
