FESTIVAL C · ARTES ESCÉNICAS · CIRCO
SPINISH CIRCO
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 60 min (aprox)
Fins Al Cel (Ata o ceo) é unha evocación ao espazo-tempo, un proceso vital que forma parte do ADN humano e que nos permitirá descubrir ata onde chegan os límites. Unha historia sobre a diversidade de traxectorias, viaxes e identidades que nos axuda a entendernos e a descifrarnos. «Cada lugar foi narrado centos de veces e ten tantas versións como ollos o contemplaron.»
Trátase dun espectáculo de circo contemporáneo con música en directo que presenta a técnica circense desde a creatividade e a innovación, a través da barra rusa, as banquinas e os portes colectivos. «A única equipaxe é a vida e os soños» e «Viaxa só quen sabe marchar», pero... ¿poderá a nosa viaxe levarnos ata o ceo?