FINAL DO CONCURSO
Finalizada a ronda eliminatoria, cada concursante, admitido/a, interpretará as dúas arias, das tres que indicou no momento da inscrición, que non coincidan coa aria que interpretou na rolda eliminatoria. Ao finalizar a rolda final, o xurado, tras a oportuna deliberación, dará a coñecer ao público o nome dos/as gañadores/as. O veredicto do xurado será inapelable.
O concurso de canto "Compostela Lírica", organizada pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, está dirixido a voces solistas de calquera tesitura vocal e reservado exclusivamente ao xénero Ópera, na modalidade de voz solista de calquera tesitura vocal. O seu obxectivo é fornecelos dunha proxección profesional na etapa inicial das súas carreiras e o cultivo e fomento da ópera propiciando a expasión e mellor coñecemento da mesma.
O Concurso conta co patrocinio e a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela e do Consello da Cultura Galega.