LA DRAMÁTICA ERRANTE
Idade recomendada: Público adulto
Duración: 90 min
Lingua: Castelán
Noite do 24 de agosto de 1994 en Montevideo (Uruguai).
Nas inmediacións do Hospital Filtro, xunto á entón sede da presidencia do país, dirixentes do partido Frente Amplio e da central unitaria de traballadores PIT-CNT, convocan unha manifestación en contra da extradición de tres integrantes da banda terrorista armada ETA, cuxo traslado foi autorizado pola Suprema Corte de Xustiza de Uruguai.
A estación de radio de CX 44 Radio Panamericana chama a asistir á zona e miles de persoas se achegan para pedir asilo político para o tres vascos.
Berros na rúa.
As forzas de seguridade dispóñense a trasladar os tres etarras ao Aeroporto Internacional de Carrasco para levalos de volta a España, pero os berros medran.
Empurróns. Máis berros. A policía carga contra os civís. A través da televisión, a poboación segue o enfrontamento en directo, observando o corpo de Coraceros perseguindo cos seus cabalos os manifestantes.
Esteban Massa, un enfermeiro que tenta socorrer unha das vítimas, recibe catro disparos polas costas.