CINEUROPA
DOCS CINEUROPA
A FIDAI FILM / UN FILME FEDAÍN (2024)
Kamal Aljafari
Palestina, Alemaña, Qatar, Brasil, Francia/ 78 min / Documental / Árabe
Ficha artística:
Darin Dibsy, Kamal Aljafari
Ficha técnica:
Guión: Kamal Aljafari, Ghassan Kanafani
Fotografía: Kamal Aljafari
Edición: Kamal Aljafari, Yannig Willmann
Produción: Kamal Aljafari, Flavia Mazzarino
Sinopse:
No verán de 1982, o exército israelí invadiu Beirut e saqueou o Centro de Investigación Palestina, apropiándose dun arquivo que gardaba boa parte da memoria visual e documental da historia de Palestina. Décadas despois, A fidai film reconstrúe ese espolio e propón unha contranarrativa: un exercicio de sabotaxe cinematográfica que reclama e restaura as imaxes roubadas. A partir de fotografías e fragmentos ocultos nos arquivos israelís, Kamal Aljafari realiza unha escavación fílmica sobre a memoria, a resistencia e o poder do cinema como ferramenta de liberación.
Kamal Aljafari é un incansable colector de imaxes que dedica a súa filmografía á reconstrución da memoria ameazada do seu pobo, tanto desde o persoal como desde o colectivo. A súa obra —que inclúe Port of memory (2009), Recollection (2015), An unusual summer (2020) e A fidai film (2024)— conforma un percorrido radical e poético pola historia recente de Palestina. Movéndose entre o documental e o cine-ensaio, Aljafari filma desde a ausencia, revela o que xa non está e converte o arquivo nunha ferramenta política e estética. O seu traballo máis recente, With Hasan in Gaza (2025), estreouse no Festival de Locarno.
Gran Premio do Xurado en Visions du Réel