Do 2 ao 7 de setembro, a oitava edición do Festival herDanza leva a diferentes espazos de Santiago de Compostela talleres formativos, residencias de creación, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato que dan conta de variadas formas de sentir a danza. As actividades desenvólvense en lugares especialmente pensados para cada unha delas, ofrecendo tamén a oportunidade de redescubrir a riqueza patrimonial de Compostela.
A información detallada de cada actividade así como as condicións de participación e acceso están disoñibles na web do festival: HERDANZA 2024
O festival mantén a súa aposta polas creadoras e creadores que traballan en Galicia e fóra dela para servirlles de fiestra nos que dar a coñecer os seus traballos.
- En caso de choiva os espectáculos serán na CASA DAS MÁQUINAS
RESIDENCIA CREATIVA
En 2024, o festival dá acubillo á residencia creativa da compañia de danza ASELAS arredor da súa peza Víscera, que se desenvolverá a partir do 2 de setembro no Centro Xove da Almáciga e o Auditorio de Galicia. Creada polas bailarinas Loaira Lázare e Lucía González, Víscera explora a creación conceptual arredor da temática ecofeminista empregando a técnica do flying low e a improvisación, no marco das nas tendencias experimentais que agormaron na danza contemporánea na última década. A peza funde movemento e interpretación para construír unha narrativa con ton de denuncia. Emprega constantes musicais, poéticas, coreográficas e escenográficas que fan referencia ao estómago, ao oco e ao baleiro. As constantes escenográficas tamén colaboran na construción simbólica dese valado encarcerador imposible de gatuñar. Deste xeito, a proposta busca ir desdebuxando os movementos ata completar un proceso de animalización final, unha forma de sacar a carraxe visceral acumulada.
O resultado da residencia presentarase ao público na última xornada do festival, o sábado 7 ás 17.30 horas na praza de San Martiño Pinario.
Idea Creativa: Loaira Lázare.
Coreografía: Lucía González Castro.
Interpretación: Loaira Lázare, Lucía González Castro, Ziggi Iglesias.
OBRADOIROS E ACTIVIDADES FORMATIVAS
- 4 de Setembro de 10:30 a 13:30: Ritmos da Alma: Afrocontemporáneo e Expresión Corporal con Lisvet Barcia Cabrera
- 5 de Setembro de 10:30 a 13:30: Contact Improvisation con Leodan Rodríguez Casas
- 6 de Setembro de 10:30 a 13:30. WTF! | Obradoiro HerDanza con Ay, Cariño! (Cris Vilariño e Diego M. Buceta)
Inscripcións en herdanzafestival@gmail.com
VISIONADOS
Na súa oitava edición, o festival herDanza volve colaborar co CGAC e o INSTITUT FRANÇAIS no visionado de dúas pezas documentais. que serán proxectados en versión orixinal con subtítulos en español. O acceso é libre e de balde sen necesidade de inscrición-
- Martes 3 ás 17.30 horas. CGAC
INDES GALANTES (2020), Francia, 108 min, VOSE. Dir Philippe Béziat
Sinopse: É a estrea para 30 bailaríns de hip-hop, krump, break, voguing… E tamén para o director Clément Cogitore e para o coreógrafo Bintou Dembélé. E unha novidade para a Ópera de París. Ao crear un diálogo entre a danza urbana e a canción lírica, xuntos reinventan a obra mestra barroca de Jean-Philippe Rameau, ‘Lles Indes Galantes’, e o documental plásmao desde os ensaios ata as representacións públicas.
- Mércores 4 ás 17.30 horas. CGAC
ALLONS ENFANTS (2022), Francia, 114 min, VOSE. Dir. Thierry Demaizière, Alban Teurlai
Sinopse :A historia transcorre no instituto Turgot, no distrito 3 de París, e o baile é o protagonista. No centro ensínase baile moderno e hip hop a mozos en risco de exclusión social, a cambio de que aproben as materias xerais de secundaria e bacharelato. Trátase non só de convertelos en artistas de hip hop, senón de romper coa cíclica situación que condena aos mozos de familias sern recursos a serres vulnerables pola súa compoñente marxinal.
OUTRAS ACTIVIDADES
- Martes 3 ás 20.30 horas. Museo do Pobo Galego (o punto de encontro será ás 20.15 na porta. Prégase puntualidade)
AIRE DO OUTRO MUNDO. Deriva senso-seonora polo Museo do Pobo Galego con Elsa Pereira
«En silencio e coa escoita de todo o corpo aberta á experiencia, as persoas participantes transitarán o edificio na compaña de Elsa Pereira, persoal de sala do Museo e que cada día comparte ritual cos seres que habitan este lugar onde, cada día, ao apagar as luces, as ánimas de Castelao ou Rosalía ocupan os espazos que lles corresponden e debaten, cantan e murmuran o acontecido durante a xornada. Trátase dunha experiencia sensitiva e sonora inspirada nas derivas situacionistas, que nos convidan a pensar por que, en determinado lugar, dobramos á dereita ou á esquerda ou de xeito intuitivo nos detemos. No transcurso da deriva, as persoas participantes atoparán sorpresas, murmurios, imaxes e sensacións que, máis que dar medo, conectan co íntimo e o poético dun edificio con tanta carga de vida e morte como é Santo Domingos de Bonaval.
Duración estimada: 60 min. Acceso libre e de balde sen necesidade de inscrición previa.
Toda a información en detalle na páxina web www.herdanzafestival.org
- O programa do festival pode sufrir lixeiras variacións ou cambios que podes consultar en: