FESTIVAL DO APEGO 2020

DATOS BÁSICOS

Un gran espectáculo para o público miúdo.

O domingo 27 de decembro, no Auditorio de Galicia, terá lugar unha das citas máis especiais do ano para as familias de Compostela. A xa tradicional Festa do Apego convértese desta volta en Festival, cun elenco de artistas recoñecidos polo público miúdo que conformarán un espectáculo inédito para amosar a riqueza das creacións en lingua galega para as crianzas.

Magín Blanco, Xarope Tulú, Mamá Cabra, Fantoches Baj, Golfiños, Pablísimo, Pakolas, Aldaolado e Pablo Díaz conducidos por Iria Pinheiro e coa presenza ineludible do Apalpador no corpo de Anxo Moure farán as delicias das familias compostelás e galegas nunha tarde de tempo de Nadal e ficarán como recurso permanente na serie de vídeos que se van producir posteriormente.

- Cartel do Festival

- Departamento de Lingua do Concello de Santiago

- Programa Apego

- Web do Apego

 

Retransmisión ao vivo en:

Canle de Youtube DLG Compostela

Canle YouTube Concello de Santiago

Canle YouTube Compostela Cultura

Duración: 
60 MIN
Información da billeteira: 

 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA

VENRES 18_DEC_10.00 H

_____

De balde logo da retirada de convite

Recomendable 1 soa persoa adulta por crianza (2 entradas) co fin de maximizar o número de nenos e nenas que poidan ver o espectáculo.

Prégase que se atenda con coherencia ao agrupamento de asentos.

4 entradas máximo por persoa

_____

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venda anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349 Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do seu comezo. Teléfono 981 571 026

 

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 27 Decembro, 2020
18:00
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia