FESTIVAL C 2026

DATOS BÁSICOS

Do 3 ao 31 de agosto, o Festival C volve converter Santiago de Compostela nun grande escenario ao aire libre cunha programación de preto de trinta actividades gratuítas para todos os públicos. Circo, danza, música, poesía, cinema e propostas familiares ocuparán a praza da Quintana, a Casa das Máquinas, o parque de Galeras, Bonaval, a Alameda e a rúa Concepción Arenal, facendo da cultura unha experiencia compartida no espazo público.

Unha programación diversa que aposta pola creación contemporánea, o diálogo entre tradición e vangarda e o acceso universal á cultura, convidando á veciñanza e ás persoas visitantes a descubrir Compostela desde unha nova perspectiva.

 

Descarga o programa e non perdas ollo á web e redes de Compostela Cultura para estares ao tanto dos cambios!

Acceso: 

Acceso libre

Info práctica: 
Luns, 3 Agosto, 2026 a Luns, 31 Agosto, 2026
Varios lugares