FESTIVAL C 2023

DATOS BÁSICOS

O Auditorio de Galicia, Compostela Cultura, organiza o Festival C no mes de agosto.

A praza da Quintana, a Alameda de Santiago (estatua de Federico García Lorca) e o parque de Bonaval (cemiterio) serán escenario para o circo, a poesía e a danza, espectáculos que encherán o verán de Compostela. Son de balde, só tes que fixarte na hora e na localización.

O Centro Xove da Almáiga acollerá obradoiros de circo, que tamén serán de balde pero con inscrición previa.

 
Podes descargar o programa completo do festival!

Entradas: 

Entrada libre e de balde
(Os obradoiros son con inscrición previa)

_

Zona C

Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural

De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462

 

Funcións: 
Martes, 1 Agosto, 2023 a Xoves, 31 Agosto, 2023
Varios lugares