FESTIVAL C · EN FAMILIA · LETRAS · APEGO
CONTOS PARA NENAS GRANDES E PEQUENAS
Tropa de Trapo
O Programa Apego abre un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego.
Contos para nenas grandes e pequenas é unha proposta de narración oral e música en directo. Contos e cantos de mulleres de todas as idades. A Tropa de Trapo vainos contar as súas historias, todas distintas e cada unha coa súa voz propia.
Aquí van os contos de mulleres diversas: unha nena a que trata de mediar nunha pelexa entre lagartos, dúas mulleres que axudan a parir unha vaca, unha nena pequena que salva o seu pai do esquecemento e a morte...
O poder do amor e da memoria, a importancia do bo trato entre as persoas, a loita contra a violencia machista e a igualdade entre homes e mulleres, a resolución de conflitos mediante o diálogo... son algúns dos temas que imos atopar nesta proposta de contos e música.