ARTES ESCÉNICAS / DANZA
ALLEO
COLECTIVO GLOVO
20:00 h PARQUE DE BONAVAL
Idade: Todos os públicos
Duración: 15 min
[DENTRO DO PROGRAMA DANZA A ESCENA DE LA RED DE TEATROS AUDITORIOS, CIRCUÍTOS Y FESTIVALES. INAEM. MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE]
Todo comeza alí arriba, onde atisbamos o que acontece e se rexistra o alleo do campo e do mar. Desde a miña posición apréciase a verdade; a torre é calida, é laranxa.
Os raios de sol fúnden-se nas fisuras e rompen baixo pedras rotundamente terrenais.
Aquela ardente soidade, queima e destrue o privilexio do atisbo deixándonos no abandono ante a eterna inmensidade.
Alleo se basea na idea da atalaia.
Parte do condicionamento da “privilexiada” posición da torre e de quen desempeñaba o papel na vixilancia.
Habitamos ambos corpos: o poder que outorgaba coñecemento do descoñecido e o que estaba por vir, así como a soidade desa posición e o peso do descubrimento do alleo.
Autoría , dirección e intérpretes: Esther Latorre e Hugo Pereira
Vestuario: Jandro Villa
Música: Manu Lago
Iluminación: Jaume Blai
Sonido: Manu Lago