FESTIÑA DO APEGO_A GRAMOLA GOMINOLA

DATOS BÁSICOS

Por impedimentos sanitarios hai que trocar a actuación final da Festiña do Apego dos Trotaventos pola presentación do novo disco da Gramola Gominola.

Desexámoslles unha pronta recuperación aos Trotaventos e agardamos poder bailar coa súa Fiestra dos soños en vinderas datas.

Nós habémolo pasar igualmente xenial nunha xornada con moito, moito Apego e neste concerto final, presentación da Bravas. O rexurdir da luz! con cancións ben roqueiras e que poñen en valor as superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes loitando contra o abuso escolar, defendendo a lingua, protexendo a natureza e visibilizando as emocións. Eses valores cos que tanto concordamos!

As persoas que xa tivesen reservada a entrada para o anterior concerto poden reutilizala para o novo.

__

Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RESERVA DE CONVITES EN LIÑA: LUNS 20 DE DECEMBRO_11.00 H
  • MÁXIMO 4 CONVITES POR PERSOA
  • A PARTIR DE 3 ANOS
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

– Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 30 Decembro, 2021
18:30
Auditorio de Galicia