CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
FEMME (2023)
Sam H. Freeman, Ng Choon Ping
Reino Unido / 99 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Nathan Stewart-Jarrett, George MacKay, Aaron Heffernan, John McCrea, Asha Reid
Ficha técnica:
Guión: Sam H. Freeman, Ng Choon Ping
Fotografía: James Rhodes
Edición: Selina Macarthur
Produción: Myles Payne, Sam Ritzenberg
Sinopse:
A vida e a carreira de Jules (Nathan Stewart-Jarrett) como drag queen destrúese por mor dun brutal ataque homófobo. Ao se reencontrar nunha sauna gai con Preston (George MacKay), o seu atacante, que mantén oculta a súa orientación sexual, preséntaselle a oportunidade de se vingar. Irrecoñecible sen a súa perruca e a súa maquillaxe, Jules infíltrase na vida de Preston e, ao facelo, comeza unha perigosa sedución.
Sam H. Freeman (Reino Unido). Desenvolveu unha cumprida carreira como guionista de televisión. A súa primeira serie orixinal, Unmasked, foi adquirida por Disney. Femme é a súa primeira longametraxe como director.
Ng Choon Ping (Singapur). É internacionalmente recoñecido polo seu traballo teatral, que inclúe obras no National Theatre, na Royal Shakespeare Company e no Young Vic no Reino Unido. Recentemente dirixiu unha nova adaptación de Miss Julie de Strindberg no Festival das Artes de Hong Kong e Macbeth no Bristol Old Vic. Femme é tamén a súa primeira longa.
Candidata ao premio Teddy do Festival de Berlín 2023
Mellor película na sección Alquimias da Seminci 2023