FATOUMATA DIAWARA: 'FENFO'

DATOS BÁSICOS

Fatoumata Diawara presenta o seu novo disco, ‘Fenfo’, cuxo significado aproximado viría a ser “algo que dicir”. O álbum, continuación de ‘Fatou’, o seu aclamado disco de debut, foi gravado en Mali, Burkina Faso, Barcelona e París.

Considerada como unha das máis vitais adaís da música africana moderna, Fatoumata Diawara leva a súa arte a novas e excitantes alturas neste seu novo traballo. Claramente experimental, aínda que respectuoso coas súas raíces, ‘Fenfo’ é un disco que a define como a voz das mozas africanas, orgullosa da súa herdanza, pero cunha visión que mira decididamente ao futuro cunha mensaxe universal.

Diawara traballou con algúns dos máis grandes nomes da música contemporánea e tamén ten unha carreira de éxito como actriz, incluíndo unha aclamada aparición no ‘Timbuktu (Le chagrin des oiseaux)’, film de 2014 que recibiu nominacións tanto aos BAFTA como aos Oscar, ao tempo que traballa de forma valente como activista social, facendo campaña contra o tráfico e venda de migrantes negros nos mercados de escravos Libios.

Ao igual que no seu disco de debut, que traspasou as fronteiras musicais para colarse en gran parte das listas do mellor do ano nas revistas de rock máis populares, ‘Fenfo’ é un disco que non coñece límites. A modernidade das punzantes liñas de guitarra combinan coas primitivas cordas do kora africano e o kamel ngoni; as caixas de ritmos fusiónanse cos atemporais ritmos da percusión tradicional. Moderna narradora de historias, as once cancións de ‘Fenfo’ cobren suxeitos atemporais como o respecto, a humillación, o amor, a migración, a familia, e como construír un mundo mellor para os nosos fillos. “Este traballo expresa como me sinto e como quero sonar”, afirma Fatoumata, “é  un disco que di quen son”.

Waeb para máis información: Fatoumata Diawara

Duración: 
90 min
Entradas: 

LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 h na web

 14 euros

  • Descontos do 50% para colectivos habituais

Venda presencial:

- Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462

- Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 10 Xuño, 2021
20:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia