FATHERLAND

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

FATHERLAND (2026)

Paweł Pawlikowski

Polonia, Alemaña, Italia, Francia / 82 min / Alemán, inglés, francés, ruso

Ficha artística:

Sandra Hüller, Hanns Zischler, August Diehl, Devid Striesow, Anna Madeley, Theo Trebs, Joanna Kulig

Ficha técnica:

Guión: Paweł Pawlikowski e Henk Handloegten

Fotografía: Łukasz Żal

Edición: Paweł Pawlikowski e Piotr Wójcik

Produción: Lorenzo Gangarossa, Dimitri Rassam, Edward Berger, Jeanne Tremsal, Ewa Puszczyńska, Mario Gianani e Lorenzo Mieli

Sinopse:

No verán de 1949, o escritor Thomas Mann, premio Nobel de Literatura, regresa a Alemaña por primeira vez desde o final da Segunda Guerra Mundial, acompañado da súa filla Erika, actriz, escritora e piloto de carreiras. A bordo dun Buick negro, emprenden unha viaxe pola Alemaña en ruínas, desde Frankfurt, baixo control estadounidense, ata Weimar, na zona soviética. Durante o percorrido, pai e filla enfróntanse ás divisións dun país marcado pola Guerra Fría e ás fracturas da súa propia familia.

Paweł Pawlikowski iniciou a súa carreira realizando documentais para televisión. En 1998 dirixiu a súa primeira longametraxe para o cinema, The stringer, á que seguiron Last resort (2000), pola que recibiu o BAFTA á mellor dirección novel, O meu verán de amor (2004), presentada na sección 14Plus da Berlinale, e A muller do quinto (2011). A consagración internacional chegou con Ida (2013), gañadora do Óscar á mellor película internacional e do BAFTA á mellor película de fala non inglesa. En 2018, Cold war, recibiu tres nominacións aos Óscar e o premio á mellor dirección no Festival de Cannes.

 

MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL DE CANNES 2026

 

 

 

Duración: 
82 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Sábado, 7 Novembro, 2026
20:45
Teatro Principal
Domingo, 15 Novembro, 2026
18:00
Teatro Principal