CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
FATHER MOTHER SISTER BROTHER / PAI NAI IRMÁ IRMÁN (2025)
Jim Jarmusch
Estados Unidos, Irlanda, Francia / 110 min / Ficción / Inglés, francés
Ficha artística:
Tom Waits, Adam Driver, Mayim Bialik, Charlotte Rampling, Cate Blanchett
Ficha técnica:
Guión: Jim Jarmusch
Fotografía: Frederick Elmes, Yorick Le Saux
Edición: Affonso Gonçalves
Produción: Joshua Astrachan, Conor Barry, Mélanie Biessy, Richard Bolger, Efe Cakarel, Edwina Casey, Arielle De Saint Phalle, Niamh Fagan, Charles Gillibert, Dietmar Güntsche, Jim Jarmusch, Michael Kölmel, Alex C. Lo, Carter Logan, Zane Meyer, Lorenzo Mieli, Annamaria Morelli, Elizabeth Niles, Catherine O'Flaherty, Laurent Perrot, Nina Poretzky, Jason Ropell, Marieke Tricoire, Derrick Tseng, Anthony Vaccarello, Atilla Salih Yücer
Sinopse:
Artellada en forma de tríptico, Father Mother Sister Brother explora as relacións entre fillos e fillas adultos e os seus pais, marcadas pola distancia emocional e os lazos silenciosos que os unen. Cada capítulo transcorre no presente e nun escenario distinto: Estados Unidos, Dublín e París. A través dun retrato íntimo e observacional, o filme constrúe unha comedia sutil, entretecida con fíos de melancolía, sobre o que permanece —ou se perde— dentro das familias.
Jim Jarmusch. Cineasta, guionista, produtor, actor, montador e compositor destacado do cine independente americano. Desde os anos 80 crea películas coa súa voz propia, como Stranger Than Paradise, Down by Law, Mystery Train, Dead Man, Ghost Dog: The Way of the Samurai ou Broken Flowers, caracterizadas polo seu estilo minimalista, unha narrativa pouco convencional, humor seco e influencias culturais diversas.
León de Ouro ao Mellor Filme do Festival de Venecia 2025