FARRA

DATOS BÁSICOS

COMPAÑÍA LUCAS ESCOBEDO

MÚSICA, ACROBACIA, MAXIA, DANZAS

SALA ÁNGEL BRAGE. AUDITORIO DE GALICIA

Idade recomenda: 5º, 6º Primaria, ESO e Bacharelato

Duración: 60 min

 

Festa, celebración, cultura e comunidade atópanse durante o tempo de entroido no Madrid de 1568 ó de 1668 ó de 2024. Durante as carnestolendas todo é posible, as normas cambian e o mundo réxese por paradoxos. A farra barroca, a festa, abre a porta á música, a tolemia, a maxia ou a acrobacia entre danzas e xúbilos. E, como toda subversión, o obxectivo radica en sinalar a tolemia do pasado e do presente, removendo consciencias e celebrando o noso encontro.

Gañadora a Mellor espectáculo musical nos Premios Max 2025

Duración: 
60 min
Acceso: 
  • Entrada gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá atopar no seguinte enlace: https://www.compostelacultura.gal/programadidactico

    DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES:

    • Centro de ensino de Santiago de Compostela: dende o martes, 23 de setembro ás 8:30 h

    • Centro de ensino do resto de Galicia: dende o mércores, 24 setembro ás 8:30 h

     

    Só para centros de ensino

Info práctica: 
Luns, 2 Marzo, 2026
10:00
Auditorio de Galicia
Luns, 2 Marzo, 2026
12:00
Auditorio de Galicia