RFG · FARÖ · CONCERTO FAMILIAR

DATOS BÁSICOS

TEMPADA «MEMORIA» · CONCERTO FAMILIAR · FÓRA DE ABONO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

LA MAQUINÉ, compañía de teatro

Dramaturxia e dirección: Joaquín Casanova e Elisa Ramos
Música: Claude Debussy e outros compositores
Adaptación musical e arranxos: José López-Montes
Deseño de escenografía, iluminación e proxeccións: Joaquín Casanova
Deseño de vestiario: Elisa Ramos
Deseño de monicreques e máscaras: Elisa Ramos e Joaquín Casanova
Realización de escenografía, monicreques, máscaras e obxectos: Joaquín Casanova, Elisa Ramos e Carlos Monzón
Realización de vestiario: Vanessa Cañaveral
Intérpretes: Elisa Ramos, Ángela Cáceres e Noé Lifona

PROGRAMA

Selección de obras de Claude Debussy e outros compositores

Nunha pequena illa no medio do océano vive Conta, un fareiro solitario que dedica a súa vida a coidar a Perla do océano, unha luz capaz de guiar os barcos na escuridade. Refuxiado na rutina e no control, mantense alleo a todo o que o rodea. Mais o mar insiste en achegarse a el a través de Lapa, unha foca curiosa; Pinza, un cangrexo que busca fogar; e o canto distante dunha balea. A chegada de Piti, un pequeno paxaro ferido, obriga a Conta a enfrontarse ás súas dificultades para coidar desde o afecto e non desde o control. Cando un accidente provoca a caída da Perla do océano ao mar e desata a tormenta, Conta emprende unha viaxe ás profundidades para recuperala. No interior da balea comprenderá que nin a luz nin el mesmo poden existir illados.
Transformado pola experiencia, Conta regresa disposto a abrirse aos demais. Coa axuda de Lapa e Pinza, converterá a illa nun barco simbólico para rescatar a Piti e descubrirá que a verdadeira luz non habita xa no faro, senón no seu propio interior.

Duración: 
60 MIN
Acceso: 

Entradas á venda a partir do 22 de setembro en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Sábado, 30 Xaneiro, 2027
18:00
Auditorio de Galicia