FAP_ORQUESTA GALEGA DE LIBERACIÓN

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL DE ARTES PERFORMATIVAS

Orquestra Galega de Liberación

Estrea absoluta

Presentación e estrea absoluta da Orquestra Galega de Liberación, un ensemble de 16 músicos residentes en Galicia reunidos en torno á música de vangarda, á busca de novas formas de creación espontánea e á improvisación como fonte de investigación. Un elenco que non precisa presentación ao estar constituído por artistas e intérpretes recoñecidos nos distintos eidos da música clásica, do jazz, das músicas de vangarda e da performance. 16 músicos cun percorrido vital e unha traxectoria internacional que en poucas ocasións atopamos agromando un proxecto tan contemporáneo e tan ancorado no noso hábitat musical de vangarda. A Orquestra Galega de Liberación parte de material composto e arranxado para a ocasión, ao cal se lle suman as técnicas de improvisación dirixida, tales como o Soundpainting, unha linguaxe de signos aplicada á composición multidisciplinar en tempo real. É unha técnica creada nos anos setenta en Nova York, e que Xacobe Martínez Antelo aprendeu e perfeccionou directamente da man do seu creador Walter Thompson.

A orquestra está formada por Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo e dirección), Max Gómez (batería), LAR Legido (batería), Javier Pereiro (trompeta), Olivier Cano (saxo alto), Xosé Miguélez (saxo tenor), Diego Alonso (saxo tenor), Rosolino Marinello (clarinete baixo), Rubén Fernández (voz), Faia Díaz (voz), Antonio Bravo (guitarra), Manuel Cebrián (guitarra), Elena Vázquez (violín), María José Pámpano (viola), Macarena Montesinos (violoncello) e Saúl Puga (contrabaixo).

Ao remate do concerto haberá un encontro cos artistas.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Actividade gratuíta. A reserva de convite é obrigatoria.

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349 Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Sábado, 12 Setembro, 2020
19:30
Teatro Principal