FALCON LAKE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

NOVOS/AS CINEASTAS

FALCON LAKE (2022)

Charlotte Le Bon

Canadá, Francia / 100 min / Ficción / Francés, inglés

Ficha artística:

Joseph Engel, Sara Montpetit, Monia Chokri

Ficha técnica:

Guión: Charlotte Le Bon (baseado na novela gráfica Unha irmá de Bastien Vives)

Fotografía: Kristof Brandl

Edición: Julie Lena

Produción: David Gauquié, Julien Deris, Sylvain Corbeil, Nancy Grant

Sinopse:

Bastien, un adolescente parisiense, pasa as vacacións coa súa familia nunha cabana á beira dun lago de Quebec. Alí atoparase con Chloé, unha moza maior ca el da que namora fondamente. Malia a diferenza de idade e os medos de Bastien, desenvolven un vínculo especial. Bastien terase que enfrontar aos seus medos para lograr un lugar no corazón de Chloé, mentres exploran a súa sexualidade e a inquietante lenda da pantasma do lago.

Charlotte Le Bon (Montreal, Canadá). Traballou como actriz con directores franceses como Michel Gondry e Jalil Lespert. Nos Estados Unidos filmou películas con Lasse Hallström, Robert Zemeckis e Sean Ellis. Charlotte é unha artista que explora o seu gusto polo estraño a través de pinturas, debuxos e litografías. A súa paixón polo cinema de xénero levouna a escribir e dirixir Judith Hotel, unha curtametraxe presentada en Cannes no 2018. Falcon Lake é a súa primeira longametraxe.

Sección ‘Quinzaine des réalisateurs’ no Festival de Cannes 2022

Duración: 
100 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Domingo, 13 Novembro, 2022
19:45
NUMAX
Mércores, 16 Novembro, 2022
17:30
NUMAX
MULTIMEDIA

FALCON LAKE Bande Annonce Teaser (2022) Charlotte Le Bon