CINEUROPA
FAYE DUNAWAY: O TALENTO CONVULSO
EYES OF LAURA MARS / OS OLLOS DE LAURA MARS (1978)
Irvin Kershner
Estados Unidos / 104 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Faye Dunaway, Tommy Lee Jones, Brad Dourif, Raul Julia, René Auberjonois
Ficha técnica:
Guión: John Carpenter, David Zelag Goodman. Baseado nunha historia de John Carpenter
Fotografía: Victor J. Kemper
Edición: Michael Kahn
Produción: Jack H. Harris, Jon Peters, Laura Ziskin
Sinopse:
Laura Mars, unha fotógrafa de Nova York famosa polas súas imaxes provocadoras de violencia e erotismo, comeza a ter inquietantes visións: ve a través dos ollos dun asasino mentres este comete os seus crimes. A medida que as mortes se achegan ao seu círculo máis íntimo, Laura tenta distinguir entre a inspiración artística e a obsesión, entre a realidade e a alucinación.
Mellor Vestiario nos Premios Saturn 1979