'EXTRAVÍOS' CON VACABURRA E UKESTRA DO MEDIO

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C (toda a programación aquí)

CEMITERIO DE BONAVAL

‘EXTRAVÍOS’

VACABURRA E UKESTRA DO MEDIO

DANZA

35 min

Todos os públicos

 

Extravíos é a nova proposta de VACAburra para espazos non convencionais. Unha peza de danza acompañada por unha ukestra de ukeleles en directo, garabato musical para 7 intérpretes. Unha creación en forma de viaxe sonora danzada, un itinerario extraviado polo corpo e pola música, un encontro singular de dous colectivos de creación que atopan un terreo de xogo común.

Andrea Quintana conta cunha sólida traxectoria no mundo da danza con especial atención á creación en espazos non convencionais e site specifics, para festivais como En Pé de Pedra, MOV-S, Cádiz en Danza, Costa Contemporánea ou Dies de Dansa. Destaca dentro dos seus intereses artísticos a colaboración con outras disciplinas atendendo a unha mirada especial en como a arquitectura e os espazos afectan aos corpos.

A Ukestra do Medio, é unha banda de ukeleles que destaca pola súa orixinalidade e frescura. Combo ecléctico que leva anos experimentando cos máis diversos estilos musicais que van dende composicións tradicionais galegas ou portuguesas aos clásicos do rock’n’roll e creacións propias.

 

Interpretación escénica: Andrea Quintana

Interpretación musical: Ukestra do medio

Alberte Leis: Baixo acústico e voces

Kátia Mera: Uke soprano, uke de concerto e voces

Yolanda Porto: Caixón, percusión e voces

César Parcero: Uke barítono, uke tenor, mandolina e voces

Duración: 
35 min
Entradas: 

ACCESO LIBRE

Funcións: 
Luns, 29 Agosto, 2022
20:00
Parque de Bonaval