EXPLORA 3

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

EXPLORA 3

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Test de cámara

Siegfried A. Fruhauf | 2021 | 04:13 | Austria | EXP | COR

En teoría isto ía ser só unha recensión dun aparello cinematográfico, pero volveuse toda unha tormenta.

Outro tren

Peter Tscherkassky | 2021 | 20:00 | Austria | EXP | B&N

Outro tren é un paseo pantasma pola sala de máquinas da sétima arte, unha cerimonia da mecánica (violenta) dos vehículos ferroviarios e dos transportes de imaxes.

Abrímonos paso a través dun prisma brillante

Rhea Storr | 2022 | 17:36 | Reino Unido | DOC, EXP | B&N

Tres irmás percorren espazos públicos e políticos —unha praza, unha ponte, un xardín e un outeiro— nesta exploración da diáspora africana. Tomando como punto de partida os percorridos baleiros de entroidos e desfiles en Londres (Reino Unido) e Nassau (Bahamas), a película reflexiona sobre o progreso, as historias arquitectónicas do colonialismo e o corpo feminino no espazo público. O vidro, o espello e a pedra plásmanse nunha película de Super-8 que emprega a textura e a superficie para explorar estes catro espazos.

Hevn

P. Staff | 2022 | 05:00 | Reino Unido | EXP | COR

Combinando técnicas cinematográficas dixitais e analóxicas con poesía, animación pintada a man e son industrial, Hevn explora o pracer e a dor no corpo enfermo ou debilitado co interese constante de Staff pola volatilidade dos corpos queer e trans. As imaxes (unha escena de ducha, o tráfico, unha reunión de amigos) escurécense e revélanse mediante capas de película pintada a man e letras, dando paso finalmente a un poema titular que se pregunta que nos ocorre nos estados de soño, volatilidade, embriaguez e esgotamento.

Non é un mundo marabilloso?

Joseph Wilson | 2022 | 13:00 | Reino Unido | EXP | COR

Esta é unha película que, a través da sincronización dos beizos, describe as historias traumáticas dos intérpretes queer Soroya, Harry e Kenya, e a súa viaxe emocional cara a idade adulta. A película explora temas como a soidade, a ansiedade, o trauma e a recuperación, todos eles problemas comúns na comunidade LGBT+.

Duración: 
59 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Mércores, 5 Outubro, 2022
19:00
Teatro Principal