EVA-MARIA RUSCHE

DATOS BÁSICOS

DE LUGARES E ÓRGANOS

Pange lingua. Música litúrxica e sonatas da chiesa

Eva-Maria Rusche, órgano e órgano portátil
Tobie Miller, zanfona
Marco Ambrosini, nyckelharpa
Obras de Corelli, Biber, Cabezón e Frescobaldi, entre outros

Eva-Maria Rusche é unha das figuras actuais de maior interese no ámbito da música para órgano e para instrumentos de tecla en xeral. Nada en Tubinga, Alemaña, especializouse en música litúrxica, órgano e instrumentos históricos de tecla en Lübeck, Viena e Stuttgart. Na actualidade, desenvolve o seu traballo como artista independente ao tempo que colabora como pedagoga e organista en Constanza. Como solista ofrece concertos de clave e órgano, e colabora habitualmente con formacións como o Ensemble Supersonus, Oni Wytars ou o Quatuor Ardeo.

Eva-Maria preséntase, desta volta, na compaña de dous recoñecidos intérpretes que se moven entre o ámbito da música antiga e as outras músicas, Marco Ambrosini e Tobie Miller, cos que interpretará un programa de músicas compostas para a liturxia e sonatas da chiesa adaptadas para unha inusual combinación de órgano de tubos, órgano portátil, zanfona e nyckelharpa.

Entradas: 
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • De non se esgotaren, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar onde esta se celebre, desde unha hora antes do seu comezo.

As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.

Funcións: 
Luns, 3 Abril, 2023
20:00
Igrexa de Santa Clara