MMM · ESTUDO FOTOGRÁFICO MIGRANTE

DATOS BÁSICOS

MUSEO MIGRANTE MIGRANTE · EN MOVEMENTO

ARTES VISUAIS

A fotógrafa e artista Angélica Dass trae a Compostela un novo proxecto: o Museo Migrante Migrante (MMM), a través da súa versión en Movemento, para convidar á cidadanía a participar no proxecto a través de distintas sesións fotográficas coas que Angélica Dass busca xerar imaxes e recompilar relatos que nutrirán o arquivo dixital común.

Entre o 14 e o 18 de abril, a artista montará o seu estudo fotográfico na Zona C, para que a veciñanza achegue o seu obxecto e testemuño co gallo de falar dos movementos. Deste encontro sairán os retratos de migración que irán enchendo, aos poucos o Museo.

Para formar parte do proxecto cómre inscribirse na seguinte ligazón: 
https://museomigrantemigrante-santiago-de-compostela.youcanbook.me/

Angélica Dass

Fotógrafa hispanobrasileira que combina a fotografía coa investigación sociolóxica e a defensa global dos dereitos humanos. O seu proxecto máis coñecido é Humanae, unha colección de retratos que amosan a diversidade dos seres humanos que se expuxo en todo o mundo.

Os seus proxectos van alén dos museos, e viaxan ata as aulas onde atopa un gran universo onde traballar, ademais de colaborar con institucións que abranguen desde concellos, institutos á UNESCO


Imaxe de cabeceira: Angélica Dass nunha sesión fotográfica © Marian Leon

Acceso: 

Estudo Fotográfico Migrante

  • 14, 15 e 18 de abril: de 11 a 14 horas | de 16 a 19 horas
  • 17 de abril: De 11 a 14 horas

Reserva a túa sesión

Info práctica: 
Martes, 14 Abril, 2026
11:00
Zona C. Punto de información cultural
Mércores, 15 Abril, 2026
10:00
Zona C. Punto de información cultural
Venres, 17 Abril, 2026
11:00
Zona C. Punto de información cultural
Sábado, 18 Abril, 2026
11:00
Zona C. Punto de información cultural