A ESTRELA MOSTRADA

DATOS BÁSICOS

PABLO SANMAMED

MÚSICA · CICLO FIESTRA ABERTA

Concerto de presentación do disco A estrela mostrada de Pablo Sanmamed.
Unha viaxe sonora entre o medieval e o contemporaneo. Logo do éxito de Ben vennas Maio, Pablo Sanmamed regresa con A Estrela Mostrada, un novo proxecto que se editará en maio de 2026 e volve iluminar o diálogo entre a música antiga e o jazz contemporáneo. Inspirado nas cantigas da lírica galego-portuguesa e noutras tradicións medievais — occitana, arábigo-andalusí—, Sanmamed propón unha obra de sonoridades actuais e profundamente emocionais, onde o pasado resoa como materia viva no presente.

Duración: 
80 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 3 Maio, 2026
20:30
Teatro Principal