Estrea absoluta
Idade recomendada: >14 anos
Duración: 90 min
Lingua: galego
#posfunción: 23 de febreiro ao remate da función
[DENTRO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS. AGADIC. XUNTA DE GALICIA]
“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo. Mayorga aborda o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios. Aborda o tema dunha maneira moi sutil, os silencios dos personaxes encerran grandes verdades, evita unha linguaxe basta e opta por un espectador activo que imaxine máis aló do que se mostra en escena.
Ficha artística
Reparto: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado, Rubén Porto e Fran Lareu
Dirección e tradución: Alex Sampayo
Texto: Juan Mayorga
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía: Alex Sampayo
Música e espazo sonoro: Fernando Epelde
Fotografías ensaios: Carlos Álvarez-Ossorio
Distribución: Guillermo Carbajo