ESPECIAL VENRES 13 - HOST (2020)

DATOS BÁSICOS

FANTASTIQUE COMPOSTELA

VEN 13, 20:45 | TEATRO PRINCIPAL
SAB 21, 21:00 | SALÓN TEATRO

Rob Savage
Reino Unido / 57 min. / Ficción / Inglés

Ficha artística:
Haley Bishop, Radina Drandova, Edward Linard, Jemma Moore, Caroline Ward, Emma Louise Webb

Ficha técnica:
Guión: Rob Savage, Gemma Hurley, Jed Shepherd
Edición: Brenna Rangott
Produción: Douglas Cox, Emily Gotto, Samuel Zimmerman

En pleno confinamento, un grupo de amigas quedan para realizar unha sesión de espiritismo a través de Zoom. O ambiente entúrbiase cando alguén (ou algo) máis se une á chamada... Host é unha das sensacións do terror desta tempada, rabiosamente contemporánea na súa linguaxe e de sabor deliciosamente clásico na administración de sustos sen cuartel. 

Rob Savage
Escribiu, dirixiu, filmou, coproduciu e editou a longametraxe Strings aos 17 anos, filme que foi estreado no Festival de Cinema de Roma. Rob está a desenvolver actualmente unha serie de proxectos de cinema e televisión, entre eles Dawn of the deaf cos produtores Rob Watson e Fodhla Cronin O’ Reilly (Lady Macbeth).

Duración: 
57 MIN
Entradas: 
  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

 

PRÉGASE USO PREFERENTE PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS DA PÁXINA WEB COMPOSTELACULTURA.GAL

 

CONSULTA PROTOCOLO ACCESO ESPECTÁCULOS NO PORTAL DESTA WEB

Funcións: 
Venres, 13 Novembro, 2020
20:45
Teatro Principal