PESDELÁN
MÚSICA E DANZA
TEATRO PRINCIPAL
Idade recomendada: 3º a 6º Primaria
Duración: 50 min
Lingua: Galego
Entroidanzas o carnaval pódese celebrar os 365 días do ano. Sen movernos do lugar no que estamos, poderemos bailar cos folións en Ourense, ser corcovados italianos, cruzar o mar e converternos en demos en Lima ou mover os paraugas do Frevo no Brasil. A música, o baile, os xogos e as chufas inundarán as butacas, erguendo o espírito dos que aínda sentados, participan deste espectáculo.