A VELA CIRCO
A TROPA C NA CASA
Idade recomendada: a partir de 3 anos
Duración: 50 min
Lingua: galego
Que pasaría se un pallaso herdase unha vella empresa familiar? Con toda a ilusión do primeiro día imaxina un futuro próspero, pero axiña descobre que as instalacións precisan algo máis que uns retoques.
Maquinaria enferruxada, engrenaxes desaxustadas e estruturas inestables convértense no escenario perfecto para torpezas e habilidades inesperadas. Cun entrañable humor, destrezas circenses e poesía visual, os imprevistos van enredándose e resolvéndose ata que todo encaixa no seu lugar.