(EN)FOCO 1 XACOBEO: UNHA NOITE DE TANGO

DATOS BÁSICOS

TEMPADA «MEMORIA» · CONCERTOS FÓRA DE ABONO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Matteo Dal Maso, director
Sofía Ros, acordeón
Óscar Cobos e Antía Barcia, danza

PROGRAMA

Astor Piazzolla: Libertango

Astor Piazzolla: Concierto para bandoneón “Aconcagua”

Astor Piazzolla: Milonga del ángel

Astor Piazzolla: Tres minutos con la realidad

Astor Piazzolla: Adiós Nonino

Astor Piazzolla: Oblivion

Piazzolla protagoniza este primeiro (EN)FOCO da tempada. Se hai un nome que evoca con forza a música arxentina é o deste compositor que revolucionou o tango: demasiado audaz para os ortodoxos do xénero e excesivamente arrabaldeiro para os puristas. Fillo de inmigrantes italianos, recibiu do seu pai un bandoneón que aprendeu a tocar de maneira autodidacta durante a súa infancia en Nova York, onde coñeceu a Carlos Gardel. Desa etapa herdou o gusto polo jazz e, dos anos en París, o coñecemento da tradición europea. Incomprendido durante décadas polos sectores máis tradicionais do tango, o recoñecemento chegoulle nos anos finais da súa vida. Piazzolla quixo ampliar os límites do tango. Para iso incorporou procedementos harmónicos e rítmicos pouco habituais na tradición tanguera, formas de desenvolvemento propias da música académica e unha concepción do conxunto instrumental que outorgaba á súa produción unha nova liberdade. Así, Libertango representa a súa faciana máis expansiva fronte á Milonga del ángel que amosa a máis contemplativa. Ademais, Tres minutos con la realidad enfróntanos á enerxía e ao conflito e Adiós Nonino condúcenos cara á memoria mentres que o Concerto Aconcagua, coroado por un final de gran forza expresiva, ten un carácter case testamentario, como a última obra que gravou.

 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

Entradas á venda a partir do 22 de setembro en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Venres, 16 Outubro, 2026
20:00
Auditorio de Galicia