ENCONTRO CON TODD SOLONDZ

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

ENCONTRO CON TODD SOLONDZ

Ver unha película de Todd Solondz significa mergullarse nun submundo de personaxes sombríos: inadaptados misántropos, parias sociais e losers de extrarradio. Os seus repartos conteñen –desde o seu debut Welcome to the dollhouse (1995) ata hasta Wiener-dog (2018) pasando polo máis sórdido, que é o reunido en Happiness (1998)–, un elenco lexendario de actrices e actores como Philip Seymour Hoffman, Danny DeVito, John Goodman ou Heather Matarazzo que se pasearon polos seus filmes ó longgo de un New Jersey baldío, unha especie de suburbio sen fin que non coñece a esperanza.

Con motivo do encontro con Solondz recuperamos un clásico das nosas programacións, a sección Signed By, na que propoñemos a grandes cineastas que exerzan de programadores do festival firmando un programa composto polas películas que foron determinantes na súa traxectoria.

Nesta edición, propoñemos unha sesión dobre que incluirá, por un lado, a proxección dese conxunto de pelis esenciais para el –que inclúe traballos de Kenneth Anger, Paul Morrisey, Kuchar Bros., Russ Meyer ou Paul Bartel– e, por outro, este encontro en liña con el no que poderemos charlar sobre esa selección e sobre outros temas relativos á súa obra. A sesión estará divida por un descanso de dez minutos.

Entradas: 

De balde, previa inscrición en curtocircuito.org

Funcións: 
Sábado, 8 Outubro, 2022
17:30
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)