Dentro da programación de Compostela Ilustrada edición verán organízase un encontro coa ilustradora María Herreros, entrevistada por Mercedes Corbillón na Librería Cronopios, baixo o título de "Coñecendo a María Herreros".
María Herreros é unha artista residente en Barcelona que desenvolve proxectos que van da ilustración e o mural a unha obra persoal en pintura, a través da que expresa o máis instintivo do ser humano, cun estilo característico que oscila entre a beleza e o grotesco.