REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Novo/a director/a asistente da RFG
Kebyart, cuarteto de saxofóns
PROGRAMA
Philip Glass: Company.
Philip Glass: Concerto Grosso. Estrea en España
Philip Glass: Concerto para cuarteto de saxofóns
Philip Glass goza dun recoñecemento pouco común en vida grazas a unha música que privilexia a comunicación directa co público. Formado nos Estados Unidos e en París, incorpora influencias orientais e do jazz na súa estética. O seu estilo é inconfundible pola sinxeleza melódica, a repetición e o diálogo coa música urbana, sobre todo a neoiorquina. Company é o arranxo para cordas do seu Cuarteto núm. 2, marcado por unha intensidade dramática progresiva e unha pulsión rítmica constante, como un mantra. O Concerto Grosso de 1992 foi composto para a cidade natal de Beethoven, cuxa presenza espiritual se sente na obra, na que cada movemento está pensado para unha familia orquestral distinta. Tres anos despois escribiu o Concerto para cuarteto de saxofóns, unha peza lírica que destila a maxistral sinxeleza de Glass.
Concerto non incluído no programa de abono da temporada 'Historias'.