CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
EN EL CAMINO (2025)
David Pablos
México / 93 min / Ficción / Castelán
Ficha artística:
Victor Prieto, Osvaldo Sánchez
Ficha técnica:
Guión: David Pablos
Fotografía: Ximena Amann
Edición: Jonathan Pellicer, Paulina del Paso
Produción: José Antonio Acosta, Philippe Gompel, Birgit Kemner, Diego Luna, Enrique Nava, Inna Payán, Alessandro Pederzoli, Luis Salinas, Øyvind Stiauren, Andrea Vázquez Morales, Joakim Ziegler
Sinopse:
Veneno, un mozo vagabundo e rebelde, adoita frecuentar restaurantes de estrada onde se deita con camioneiros. Cunha necesidade urxente de atopar a alguén que o leve, coñece a Boneco, un condutor duro e reservado. Convénceo para que o introduza no hipermasculino mundo do transporte a longa distancia a través do norte de México. Durante a viaxe, entre ambos os dous agroma unha inesperada intimidade, mais as sombras do pasado de Veneno emerxen, poñendo en perigo a vida dos dous.
David Pablos formouse no Centro de Capacitación Cinematográfica da Cidade de México. Autor de curtametraxes, documentais e longametraxes, acadou gran repercusión con As elexidas (2015), galardoada con varios Premios Ariel, entre eles os de mellor dirección, guión e película. A súa filmografía destaca polo uso de actores non profesionais e por unha ollada intensa ás dinámicas sociais e persoais.
Premio Mellor Filme na sección Horizontes e León Queer do Festival de Venecia 2025